Palacete de Velarde, Lugo 3d model
3dmdb logo
3DWarehouse
Palacete de Velarde, Lugo

Palacete de Velarde, Lugo

by 3DWarehouse
Last crawled date: 1 year, 11 months ago
Edificio proxectado polo arquitecto Juan Álvarez de Mendoza en 1905. Sufriu un incendio en 1929 polo que chegou á actualidade notablemente reformado. É unha das obras máis singulares deste arquitecto, na que introduce elementos modernistas e a cor ao combinar ladrillo cara a vista con granito entre as pilastras que aparecen nalgunhas zonas do edificio, habendo unha conexión co barroco madrileño e coa corrente nacionalista-tradicionalista. Organízase en 2 plantas e presenta 2 fachadas principais que se unen mediante un chafrán cun van no corpo inferior e galería no superior, da que arranca un miradoiro cuberto cunha cúpula de catro vertentes iluminada por vans do tipo 'ollos de boi'. Elemento decorativo interesante é a baixante das canles de cinc, cuxos remates presentan belas cabezas de delfíns, elemento que se emprega reiteradamente nesta época noutros edificios europeos. #agustinas #convento #lugo #monxas #palacete #palacio #pazo #praza #santo_domingo #velarde

Tags